David Amor en HBO con Vidago Palace

David Amor en HBO España e Portugal grazas a esta coprodución española e portuguesa

A serie Vidago Palace, coproducida por España e Portugal, foi adquirida pola plataforma de streaming HBO para ámbolos dous países ibéricos. Producida por Portocabo (España) e pola portuguesa Hop Filmes, Vidago Palace é un drama romántico de seis capítulos encargado pola Televisión de Galicia e a RTP.

Protagonizada por Micaela Lupu, Pedro Barroso e David Seijo e con David Amor no elenco, acaba de estrearse no catálogo da plataforma en Portugal, mentras que chegará próximamente a HBO España. Antonio Mourelos, Eva Fernández, David Novas, Sheyla Fariña o Xosé Antonio Touriñán completan o reparto.

Mentres que o portugués Enrique Oliveira foi o responsable da creación e dirección da serie, no guión tamén participaron Pepe Coira e Araceli Gonda. Tamén figuran no equipo profesionais como Alfonso Blanco (Portocabo) na produción executiva, Ana Míguez na produción, Xavi Font como creador da banda sonora ou Antonio Pereira na dirección de arte.


david-amor-tcms

Presentación de David Amor en TCMS

David Amor non lle teme a nada e chegou a Tu Cara Me Suena para demostralo.

O actor e cómico David Amor formou parte da popular familia de Tu Cara Me Suena na súa edición de 2018. Así foi a súa presentación:

Ao largo do concurso, demostrou as súas ganas, o bo facer e, sobre todo, moito humor. Queres ver como foron algunhas das súas actuacións?

VER ACTUACIÓNS DE DAVID AMOR EN TU CARA ME SUENA


David Amor gaña o Premio do Público de Teatro 2019 en Villanueva de la Serena

David Amor, co seu espectáculo Selfie, conseguíu o galardón do público da 24 Edición do Festival de Teatro de Villanueva de la Serena que celebrou do 4 ao 6 de agosto de 2019.

É a segunda vez que a organización do festival de teatro na rúa establece este premio que concede o público asistente aos distintos espectáculos. Tras o reconto de votos, o humorista David Amor resultou gañador e isto implica o que poderá participar na edición do seguinte ano presentando novo espectáculo. Neste caso estará en 2020 cando se celebren as vodas de prata do festival.
David Amor actuou na noite do venres 5 de agosto de 2019 na Praza de España, que se encheu para gozar da montaxe no que situacións cotiás, ademais dalgunhas experiencias persoais do actor, que fixeron as delicias do público asistente.
Amor leva varios anos unido ao mundo do espectáculo. Comezou na televisión galega participando nalgúns programas para despois pasar a cadeas nacionais participando en programas como o Club de la Comedia. Ademais, foi destacada a súa participación na última edición de Tu Cara Me Suena e a súa presenza é habitual en series de televisión.