David Amor trae o seu «Love está en el aire» a Burela

LA VOZ DE GALICIA.

Deixamos atrás o venres 13 para adentrarnos no sábado 14 e poder explorar as diferentes citas culturais e lúdicas que nos depara o primeiro día da fin de semana en A Mariña. Unha das destacadas é a presenza na Casa da Cultura de Burela di humorista e monologuista galego David Amor, coa súa función «Love está en el aire». Será no auditorio municipal a partir das 20.30 horas e o prezo das entradas é de 4 euros. Desde a concellería de Cultura lembran ao público o cumprimento das medidas de seguridade pola COVID e engaden: «O Concello agarda que a Xunta de Galicia permita que o aforo no auditorio municipal sexa para 50 persoas, en lugar das 30 permitidas na actualidade».

«Neste espectáculo de stand up comedy, o cómico e actor coas mans máis grandes fala das súas novas inquedanzas sen deixar de lado unha das súas últimas paixóns: os aeroportos», señalan desde a produtora, Etiqueta Negra.

Le a noticia completa aquí.

19/11/20