David Amor, Xosé Touriñán e Ledicia Sola son Amigos ata a morte

AMIGOS ATA A MORTE é unha comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que queremos para as nosas vidas pero que, como é ben sabido, poden estoupar se os mesturamos moitas veces. Nacho, Ángel e María -ou o que é o mesmo, David Amor, Xosé A. Touriñán e Ledicia Sola-. Dous homes, unha muller… e polo menos un par de historias de amor. Eles son tres amigos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou ao mellor non. Un xiro inesperado deixará patas arriba a vida dos protagonistas que terán que ver de outra forma a amizade. Que farías se a túa parella decide deixarte? E se marchara co teu mellor amigo? Perdonarías aos dous, a ningún, a un só dos dous? É mellor mentir á persona que máis queres para evitar que o pase mal? É mellor sempre a verdade que a mentira? Unha ‘verdade a medias’ é unha mentira de dúas persoas? Poderías perdoar calquera cousa por amor? E por amizade? Que é máis forte: o amor ou o rencor? Que farías polo teu mellor amigo? E chegado o caso, que lle farías ao teu mellor amigo?

Con David Amor, Xosé A. Touriñán e Ledicia Sola.