Un chiste de David Amor, escollido polo público como o mellor de El Club de Chiste

A audiencia dálle a maior puntuación ao humorista galego na web do programa de Antena 3 que foi producido por Globomedia. Un chiste de David Amor foi elixido como o mellor de El Club del Chiste. A audiencia, na web do programa en antena3.com, puido votar entre varias das opcións deste espazo, que foi producido por Globomedia e que a cadea de Planeta volveu a emitir. Podes ver algunhas das súas actuacións.
El Club del Chiste foi un programa de televisión cun contido formado por unha combinación de programa de chistes presentado por Anabel Alonso e unha serie de ficción que narra as peripecias, amores e desamores dos protagonistas do programa detrás das cámaras. Estreouse o 15 de febreiro de 2010 e finalizou o 28 de agosto de 2013 en Antena 3.