David Amor, reportero de La mejor canción jamás cantada

David Amor foi escollido como colaborador do programa de TVE1 La mejor canción jamás cantada, o talent show de Gestmusic tras o remate de OT 2018. Súmase ao programa musical presentado por Roberto Leal, Noemí Galera e Tony Aguilar entre os membros do xurado. O novo programa musical de TVE, en colaboración con Getmusic Endemol, trata de facer un percorrido polas cancións que marcaron cada década para atopar a mellor xamais cantada. É a segunda colaboración con Gestmusic tras participar na sexta edición de Tu cara me suena. Gym Tony, El club del chiste e Aquí paz y después gloria son outras das produccións nas que ten participado.