David Amor e o seu show de monólogos Selfie

Despois de moitos anos nos escenarios de televisión, David Amor ten clara unha cousa: O único reality no que pode saír é Tu Cara me Suena, un programa de cancións…. e iso que non sabe cantar! Fixo unha proba para MasterChef e queimóuselle unha ensalada.
Non hai forma de que o “barítono” galego deixe de lado a súa paixón pola música e así se segue reflectindo en todas as súas actuacións, onde se xuntan as súas últimas vivencias e experiencias contadas desde o seu humor fresco, actual con esas doses de retranca galega que só David Amor é capaz de darlle aos seus monólogos, con cancións e interpretacións musicais desternillantes.
Coñecido polas súas aparicións en programas de TV como El Club de la Comedia, Gym Tony ou El Club del Chiste, o cómico chega co seu novo espectáculo. Estamos ante un orixinal monólogo unipersoal que está a triunfar por toda a xeografía española. Un espectáculo de humor elaborado e innovador.