David Amor & Taninos Maduros Jazz Band
David Amor & Taninos Maduros Jazz Band é un espectáculo único, novidoso e orixinal. Trátase de xuntar nun escenario un humorista representando os seus mellores monólogos, cunha banda de jazz de 9 compoñentes e moita experiencia, interactuar como nunca te terías imaxinado: con David Amor e unha banda de jazz. Ademais, engadimos a este cóctel, as novas tecnoloxías. Que che parecería se ao entrar ao teatro, en vez de dicirche que apagases o móbil, che dixesen que o acendeses? Este espectáculo, cal DVD dunha película, ten contido extra. Mediante unha app que os usuarios poderán instalarse de forma gratuíta, os asistentes ao espectáculo formarán parte do propio espectáculo. Moitas sorpresas que irán descubrindo e gozando a medida que avanza a actuación. E todo isto vestido cunha coidada iluminación, fará que desfrutes como nunca de monólogos, cancións, risas e bailes.