David Amor en HBO con Vidago Palace

David Amor en HBO España e Portugal grazas a esta coprodución española e portuguesa

A serie Vidago Palace, coproducida por España e Portugal, foi adquirida pola plataforma de streaming HBO para ámbolos dous países ibéricos. Producida por Portocabo (España) e pola portuguesa Hop Filmes, Vidago Palace é un drama romántico de seis capítulos encargado pola Televisión de Galicia e a RTP.

Protagonizada por Micaela Lupu, Pedro Barroso e David Seijo e con David Amor no elenco, acaba de estrearse no catálogo da plataforma en Portugal, mentras que chegará próximamente a HBO España. Antonio Mourelos, Eva Fernández, David Novas, Sheyla Fariña o Xosé Antonio Touriñán completan o reparto.

Mentres que o portugués Enrique Oliveira foi o responsable da creación e dirección da serie, no guión tamén participaron Pepe Coira e Araceli Gonda. Tamén figuran no equipo profesionais como Alfonso Blanco (Portocabo) na produción executiva, Ana Míguez na produción, Xavi Font como creador da banda sonora ou Antonio Pereira na dirección de arte.

David Amor en HBO con Vidago Palace

08/06/20