This is custom heading element
This is custom heading element
David Amor é un monologuista galego que comezou a súa carreura en 2001 na televisión autonómica de Galicia (TVG). Desde entón, moitos e moitas queren saber del: que se David Amor ten parella, que se cal é a súa altura, que cales son os últimos chistes… seica vos sorprendería saber canta xente busca ‘david amor espido’. Así que aquí amosamos a David nu, aínda que ao mellor non é como algúns/algunhas esperaban. Esta é a traxectoria de David Amor: desde que foi Mr Simpatía ata GymTony ou Tu Cara Me Suena. E o que queda por escribir na súa historia!
En 1999, David se presenta a un concurso de beleza e lle outorgan o premio “Mr Simpatía”. Este feito, a pesares da súa crueldade (é como preguntar por una posible parella e que che digan que é moi simpática, ou sexa, nada), non fai que David decaia e decide reconducir a súa carreira.
Pasa a Antena 3, a El Club del Chiste, para desenvolver esa faceta na que pensaba que destacaba, pero alí comezan a tratalo de guapo, incluso o nomean o “Duque galego” (ainda que dubidamos da bondade dese título xa que o único duque galego que coñecemos é o de Lugo e que che comparen con Marichalar…) e xa foi cando o noso protagonista se sentíu fóra de sitio… e sentiú a necesidade de contalo.
E é que este é un galego atípico: sempre se sabe se sube ou baixa, sobre todo se a escaleira é mecánica.
Comeza no 2001 en O Rei da Comedia, programa para a TVG (onde ata o momento realiza a maior parte da súa carreira audiovisual). De aí pasa ao “Supermartes”, programa veterano de variedades, onde desenvolve distintas disciplinas: colaborador, guionista, voz de monicreques… Na TVG participará en varios proxectos durante anos. Programas de variedades como A tierra dos prodixios, O programón entre outros. Na ficción tamén contarán con el en distintas series como Mareas vivas, 4º sen ascensor ou Pataghorobí. Da o salto a ANTENA 3, a El Club del Chiste, programa no que se convirte nun dos protagonistas xunto aos coñecidos Leo Harlem, Martina Klein e Anabel Alonso.
A súa fama como monologuista comeza a medrar participando en varias funcións en teatros por toda España de El Club de la Comedia, chegando a dar o salto ao programa homónimo de TV, onde comparte escenario con Leo Harlem, Patricia Conde e Ernesto Sevilla. Convírtese ese ano no segundo humorista máis votado de tódolos aparecidos no popular programa.
En 2011 participa xunto a Leo Harlem en Pasa a Tomar un café, espectáculo de monólogos que arrasa por tódolos teatros nos que se representa, chegando ao 100% de ocupación. Participa activamente coma un dos protagonistas na consolidada comedia Gym Tony en CUATRO, e xunto a Antonio Resines e Antonio Molero, triunfa en Aquí paz y después gloria en Telecinco. Continúa o seu crecemento na ficción interpretando a Pepe, un dos personaxes máis destacados da coproducción entre a TVG e a RTP portuguesa VIDAGO PALACE, que aterra en HBO España e Portugal en 2020.
En 2016 realiza un especial de Nadal para a TVG e é o encargado de conducir as campanadas do 31 de dicembro, para comezar 2017 con gran éxito co seu su propio late night, Con Amor e Compañía. Durante ese ano, o teatro cobra unha grande importancia coa estrea de Amigos ata a morte, obra dirixida por Javier Veiga e interpretada por Touriñán, Ledicia Sola e David Amor, e que se convirte na obra con máis vendas da historia do teatro en galego, con a récord de 50 SOLD OUT SEGUIDOS.
Este 2017 tamén conleva que o personaxe de Tito pasa a ser o máximo protagonista da quinta temporada de Gym Tony. Ademais, Amor comeza a súa participación no aclamado programa de Antena 3 TU CARA ME SUENA. Ao mesmo tempo, continúa percorrendo os teatros de toda España cos seus espectáculos Fuera de sitio e Selfie.